Xa están as mesas no Coliseum e estamos preparados para comeza-la montaxe o martes pola mañá.
Xa falta moi pouco ...
Autorizacións
Na sección de normas xa tendes un ligazón para descarga-la autorización que teñn que cubrir os menores de 17 anos.
Camisetas e prazas
Xa temos máis da metade das prazas confirmadas e pronto liberaremo-las que non se aboaron para da-la oportunidade a outra xente.
Ademáis esta semana recibimos dúas boas novas: o papel final do tribunal no referente ás camisetas do ano pasado e as camisetas (que repartiremos na Arroutada ou posteriormente a quen o desexe). Vendo que este papel non chegaba nunca, adilantamonos na confección das camisetas e coincidiu finalmente a data de entrega de ambos.
Mil desculpas de novo por este incidente e teremos algunhas copias do sucedido para todo aquel que o solicite.
A Arroutada 14 XA CASE comenzou!!!
Pagos e Prazas
Coma tódolos anos, estamos a ter algúns problemas coa xestión online e coa confirmación das prazas.
Esta semana esperamos ter solucionados tódolos inconvenientes e ter confirmados a todos.
Polo momento, xa están reservadas máis da metade das prazas e esperamos que esta semana a xente que estea indecisa ou agardando a última hora apure se non desexa quedar fora do evento.
Inscripcións abertas!!
Xa tendes á vosa disposición a reserva de prazas deste ano.
Reserva de Prazas
O mércores 10 de Outubro ás 23:00 abriremo-la reserva de prazas da edición deste ano.
Dende varios días atrás tendes no voso panel de usuario un ligazón para poder comprobar cánto deberedes doar para poder asisti-los catro días. Debido ós descontos que se aplican dependendo da asistencia, non podemos xeralizalo.
Ademáis introduciremo-lo pase de fin de semana, que permitirá entrar dende o sábado 3 ás 13.00 cunha doazón de 20 euros.
Xa falta menos ...
Actualizado o contador ...
Tiñamos mal o contador do tempo e de paso confirmamo-la data inicial desta edición.
A partir dagora iremos poñendo a información ós poucos e iremos lanzando novas para filtrar cousas sobre a party.
Sección de contacto
Modificamo-la sección de contacto para axiliza-las consultas.
A partir dagora as consultas irán directamente ó responsable de cada sección co que esperamos axiliza-las respostas.
Se algunha das vosas consultas non se respostou, é porque recibíamos demasiado spam nesa conta. A partir dagora, este problema tamén rematou.
Vémonos na Arroutada!
Votacións dos Xogos
Xa podedes vota-las versións dos torneos de Xogos da Arroutada XIV. Tendes a ligazón no voso panel de usuario.
Ata o 15 de Setembro tende-la oportunidade de decidir.
GG ;-)
Actualizacións
Fixemos algunhas actualizacións en diferentes seccións, perdoade as molestias.
Ademáis puxemosvos unha ligazón no voso panel de usuario para deixar de recibi-los correos masivos.
Tamén actualizamo-la sección doutros eventos, nesta ocasión para anunciaros a segunda edición de Irmandiños: A revolta.
En breve, poremos á vosa disposición as votacións de xogos.
Novidades
Como advertiramos na nova anterior, cada voto conta. Por iso, durante a celebración da Arroutada deste ano sortearemos algunhas cousas entre tódolos votantes dos xogos.
Neste sorteo non entrarán os votantes das versións dos xogos (que poremos á vosa disposición moi pronto).
Lembramosvos que temos unha sección de Outros eventos para poñe-las novidades que cremos son do voso interese. Un tempo atrás engadimos o anuncio da edición 2007 de GzCrea, con premios importantes en cadansúa sección.
Estade atentos a próximas novidades.
Votacións de Xogos
Lembramos que o día 30 de Abril terminan as votacións dos Xogos desta edición.
Non quedes sen votar no panel de usuario, cada voto conta !!!.
14 anos de Arroutada !!
14 anos :)
Xa temos a vosa disposición e en marcha a web do 2007 da Arroutada.
Seguímos confiando na sencillez e funcionalidade desta páxina, polo que lle ampliamo-las funionalidades e a parte de administración (todo transparente para vos pero que esperamos facilite moito a labor).
Coa información na páxina, de momento poñemos algo básico e o ampliaremos ós poucos en forma de novas.
Como vedes, levaremos todo con máis tempo ;-) O 2006 pasou e a partir dagora é millor non face-las cousas ás presas.
A base de datos xa está actualizada, nunhas semanas teredes un ligazón para que poidades verificar que está ben gardado.
Máis información ... As votacións dos xogos xa están en marcha. Na sección correspondente teredes máis información.
Ademáis migramo-lo servidor e aproveitamos para o cambio de páxina.
Por último seguimos co tema pendente de 2006: camisetas.